21/11/09

LECTURAS COLECTIVAS E PRENSA

Os nenos e nenas de 4º B estamos lendo a nosa primeira lectura colectiva do curso. O título é "A praia da esperanza" do escritor Agustín Fernández Paz e ilustracións de Teresa Novoa. A historia fala do afundimento dun barco chamado Prestige e as consecuencias da marea negra na costa.
Mentras líamos a prensa atopamos con sorpresa que na portada do xornal a noticia principal era o afundimento hai 7 anos do barco que aparece no libro. Nós eramos moi pequenos daquela e ler o xornal proporcionounos información interesante de como se viviron aqueles días.
Menuda coincidencia!


12/11/09

LECTURA DE PRENSA

Os ratiños e ratiñas lectoras de 6º e 5º realizarán durante todo o curso unha actividade de lectura de prensa. Unha vez á semana analizarán a estructura dos xornais e seleccionarán as novas máis importantes do día.




Aquí tendes as fotos da sesión de hoxe xoves 12 de novembro no aula de 6º.

28/2/09

Invitamos a todos os ratiños e ratiñas da escola a participar no I Concurso de cración de Lema e Cartel de animación á lectura.
O prazo de entrega final será o 17 de abril e a entrega de premios enmarcarase dentro das actividades organizadas pola biblioteca para conmemorar “Abril, mes dos libros”. Os carteis estarán elaborados con ordenador.
Así que xa sabedes, poñede o voso cerebro a funcionar e deseñade un lema e un cartel que motive á lectura.

Haberá premios por ciclos!

30/1/09

DIA DA PAZ


Hoxe que é o día da paz os fago este debuxo para todos. MASSISTE BOMPASTOR

HONORATO, O RATO NAMORADO

Honorato era un rato o que lle gustaba escrbir poemas con palabras de cores: verdes, azuis... e ata vermellas para falar do amor . Honorato estaba namorado da lúa e un día mandoulle unha nota por unha pomba mensaxeira que viaxaba dun lado a outro. Primeiro viviu nunha biblioteca e logo marchou a vivir na rúa metido nun calcetín, desesperado porque a lúa non lle facía caso. Ao final marchou, non se sabe onde.

Nerea Carballido e David Novas Sío 2º A

HONORATO, O RATO NAMORADO

Honorato non sabía se era poeta ou non era poeta. A Hononorato gustábanlle as palabras.Pintábaas de cores.
Palabras azuis para falar do ceo, do mar e,mesmo,do vento. Palabras verdes para falar dos campos, das ilusóns, das esperanzas. Palabras amarelas para falar da luz, do sol, do agarimo.Palabras negras para falar de guerras,de aladraxes, de tristura.
Alba Conde e Alba Sanromán 2º B

Día da PAZ


No día mundial da PAZ dedícovos este debuxo con todo o cariño.
José Carlos Pérez Gil

15/1/09

Honorato o rato namorado

Había un rato que lle gustaba escribir as palabras de cores,e a máis fermosa,era a vermella porque falaba de amor.Un día Honorato namorouse da Lúa, e seguindo o reflexo dela chegou á rúa .Alí encontrou unha biblioteca abandonada e alí, escribiu moitos poemas para a Lúa, a súa amada.
Yago e Coral 2ºB

14/1/09

Honorato, o rato namorado

Honorato é un rato namorado da Lúa, que seguindo o seu reflexo  marchou da palleira onde vivía e foise a vivir á rúa. Encontrou unha blioteca vella, e alí era onde escribía os seus preciosos poemas de amor,para despois adicarllos á Lúa.Un día Honorato viu que a Lúa non lle facía caso e entón marchouse . Nadie sabe onde se pode atopar, pode que esté nunha fraga, onde os animais que alí viven escoitan os seus poemas.
Marta 2º B

13/1/09

HONORATO, O RATO NAMORADO

Este libro trata dun ratiño que esta namorado da Lúa e escríbelle poemas de amor. Pero a lúa non sente o mesmo por el. A parte que máis me gustou do libro foi a dos poemas que Honorato lle adicaba á Lúa,porque eran moi fermosos.
Un dos que máis me gustou foi o que acaba así:

" Lúa calada,
déixame un bico
de namorada."

Alba Iglesias Álvarez 2º A

honorat

HONORATO, O RATO NAMORADO

O que menos me gustou deste libro foi cando a lúa non escoitaba a Honorato .E o que máis me gustou foi cando Frederick dixo que recollera raios de sol .É un libro apasionante que me engaiolou, é un libro moi bonito.

Samuel Míguez Ruibal 2º a