7/10/14

RATIÑO E RATIÑA XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO!

Ola a todos!

Xa estamos aquí de novo e traemos moitas novas que contarvos!


Para empezar e por se non o sabedes (que algún de vos é moi despistado) xa está en funcionamento a nosa biblio. Este ano temos moitas sorpresas. Se vos queredes enterar o blog teredes que mirar! 


pero para ir desvelando algunha, que saibades que na festa do Samaín, presentaremos o novo Proxecto documental Integrado do centro, que este ano terá como temática...


PISTA!!! 






30/4/13

No Club de Lectura de 5º xa rematamos o Diario de Nikki e apeteceunos ler A praia da esperanza de Agustín Fernández Paz con ilustracións de Teresa Novoa. Xa vos iremos contando. Vémonos os martes no recreo!!


Con este libro recordamos o Desastre do Prestige, ocurrido no mesmo ano no que naceron os nenos e nenas de 5º que están neste clube lector. Vimos vídeos e fotos e limos documentos sobre o desastre ecolóxico. Seguiremos falando este martes.
Foi tan grande o éxito do Diario de Nikki no curso anterior, que neste curso no Club de lectura dos alumnos de 5º decidimos empezar por este libro. Rímonos moito nas reunións nos recreos recordando as aventuras de Nikki e intentando poñernos no seu lugar. Moitos de nós decidimos escribir diarios de novo.

  No Club Lector dos alumnos de 6º decidimos seguir lendo ata 
que remate o curso e  empezamos Peter Pan e o  ladrón de 
sombras, que é o  segundo volúme da saga de Peter Pan 
escrita por Dave Barry e Ridley Pearson. 
Estamos intrigados e totalmente entregados a esta lectura, promete, promete...




No Clube Lector de 6º de Primaria estamos a ler Relatos para un tempo novo. Tres relatos de

Xoán Babarro,  Mª Victoria Moreno e Agustín Fernández Paz e ilustracións de  Miguelanxo Prado

Relatos pra un tempo novo
Do primeiro texto, Eu falei con Medianoite de Xoán Babarro falamos sobre cómo ambientaríamos este relato se o leváramos ó cine.
No  relato de Mª Victoria Moreno, Eva lle escribe a Adonay, neno xitano, compañeiro de escola e seu primeiro amor, una conmovedora carta. Co relato de Agustín Fernández Paz falamos dos diarios, da súa importancia e dalgúns complexos que podemos ter.

21/5/12

O Diario de Anna Frank


A pasada semana iniciamos un novo club de lectura. Despois de ler O diario de Nikki, crónicas dunha vida pouco glamurosa, agora imos ler un diario ben diferente, O Diario de Anna Frank. Resultará unha lectura un pouco mais dura as veces pero seguro que nos pellizca no corazón e será un deses libros que nos marcará e que nunca olvidaremos. Vémonos este mércores no recreo para falar dos primeiros días do Diario de Anna.

11/4/12

CLUB DE LECTURA

Neste curso iniciamos un novo Club Lector cos nenos e nenas do terceiro ciclo. Decidimos ler "El diario de Nikki" de Rachel Renée Russell. As reunións do Club Lector fixémolas na Biblioteca do cole, os mércores durante o recreo, e foron moi amenas xa que as aventuras de Nikki son moi divertidas. Decidimos ademáis retomar a escritura de diarios personais, xa que moitos xa escribiran nalgún momento diarios, pero agora desde un punto de vista máis optimista e alegre.

Xa estamos pensando na seguinte lectura deste Club lector, xa que este límolo moi rápido, xa que nos enganchou desde o primeiro momento. Admítense suxerencias.

20/12/10

A LAGOA DAS NENAS MUDAS

Historias con encanto
Esta historia se titula A lagoa das nenas mudas,el libro aun no lo lei ,la autora es Fina Casalderrey
y la ilustradora es Patricia Castelao. La colección es Sopa de libros y la editorial Xerais.Este
libro no esta recomendado a menores de diez años, pero yo a eso no le hago caso quien
quiera leerlo lo lee.En realidad tengo ganas de leerlo y saber que pasara al final
GABRIEL

11/11/10

O MAGOSTO






Co gallo do magosto, os nenos e nenas de 1ºA metémonos a contacontos.
Contámoslle os de infantil un contiño dunha castaña moi simpática, que fixemos nós mesmos. A verdade é que estabamos algo nerviosos, pero foi moi emocionante e divertido. Animámosvos a que o intentedes tamén!

6/11/10

RATIÑOS LECTORES NO SAMAÍN

Durante a celebración do Samaín os nenos e nenas do 3º ciclo leron para os demais compañeiros da escola.
Os nenos de 5º A leron o libro HALLOWEEN...¡QUE MIEDO! de GERONIMO STILTON, os de 5º B recitaron unha poesía que falaba dunha bruxa! e os nenos e nenas de 6º recitaron os seus pareados elaborados con motivo do Samain.Pasámolo de MEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEDO!

22/4/10

CLUB DE LECTURA

O club de lectura entrou en funcionamento baixo a cordenación da profesora María Velasco. Nas reunións do club participan 18 nenos e nenas amantes da lectura. Nesta ocasión escolleron o título "A Monstroescola" do autor Anxo Fariña. Terán a sorte de ter un encontro con el dentro das actividades da Semana Cultural de maio.
Cada membro do club ten o seu carné personalizado, aí vai a foto...

Que guapiños todos co seu carné na man!

21/11/09

LECTURAS COLECTIVAS E PRENSA

Os nenos e nenas de 4º B estamos lendo a nosa primeira lectura colectiva do curso. O título é "A praia da esperanza" do escritor Agustín Fernández Paz e ilustracións de Teresa Novoa. A historia fala do afundimento dun barco chamado Prestige e as consecuencias da marea negra na costa.
Mentras líamos a prensa atopamos con sorpresa que na portada do xornal a noticia principal era o afundimento hai 7 anos do barco que aparece no libro. Nós eramos moi pequenos daquela e ler o xornal proporcionounos información interesante de como se viviron aqueles días.
Menuda coincidencia!


12/11/09

LECTURA DE PRENSA

Os ratiños e ratiñas lectoras de 6º e 5º realizarán durante todo o curso unha actividade de lectura de prensa. Unha vez á semana analizarán a estructura dos xornais e seleccionarán as novas máis importantes do día.




Aquí tendes as fotos da sesión de hoxe xoves 12 de novembro no aula de 6º.