21/11/09

LECTURAS COLECTIVAS E PRENSA

Os nenos e nenas de 4º B estamos lendo a nosa primeira lectura colectiva do curso. O título é "A praia da esperanza" do escritor Agustín Fernández Paz e ilustracións de Teresa Novoa. A historia fala do afundimento dun barco chamado Prestige e as consecuencias da marea negra na costa.
Mentras líamos a prensa atopamos con sorpresa que na portada do xornal a noticia principal era o afundimento hai 7 anos do barco que aparece no libro. Nós eramos moi pequenos daquela e ler o xornal proporcionounos información interesante de como se viviron aqueles días.
Menuda coincidencia!


12/11/09

LECTURA DE PRENSA

Os ratiños e ratiñas lectoras de 6º e 5º realizarán durante todo o curso unha actividade de lectura de prensa. Unha vez á semana analizarán a estructura dos xornais e seleccionarán as novas máis importantes do día.




Aquí tendes as fotos da sesión de hoxe xoves 12 de novembro no aula de 6º.