20/12/10

A LAGOA DAS NENAS MUDAS

Historias con encanto
Esta historia se titula A lagoa das nenas mudas,el libro aun no lo lei ,la autora es Fina Casalderrey
y la ilustradora es Patricia Castelao. La colección es Sopa de libros y la editorial Xerais.Este
libro no esta recomendado a menores de diez años, pero yo a eso no le hago caso quien
quiera leerlo lo lee.En realidad tengo ganas de leerlo y saber que pasara al final
GABRIEL

11/11/10

O MAGOSTO






Co gallo do magosto, os nenos e nenas de 1ºA metémonos a contacontos.
Contámoslle os de infantil un contiño dunha castaña moi simpática, que fixemos nós mesmos. A verdade é que estabamos algo nerviosos, pero foi moi emocionante e divertido. Animámosvos a que o intentedes tamén!

06/11/10

RATIÑOS LECTORES NO SAMAÍN

Durante a celebración do Samaín os nenos e nenas do 3º ciclo leron para os demais compañeiros da escola.
Os nenos de 5º A leron o libro HALLOWEEN...¡QUE MIEDO! de GERONIMO STILTON, os de 5º B recitaron unha poesía que falaba dunha bruxa! e os nenos e nenas de 6º recitaron os seus pareados elaborados con motivo do Samain.Pasámolo de MEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEDO!

22/04/10

CLUB DE LECTURA

O club de lectura entrou en funcionamento baixo a cordenación da profesora María Velasco. Nas reunións do club participan 18 nenos e nenas amantes da lectura. Nesta ocasión escolleron o título "A Monstroescola" do autor Anxo Fariña. Terán a sorte de ter un encontro con el dentro das actividades da Semana Cultural de maio.
Cada membro do club ten o seu carné personalizado, aí vai a foto...

Que guapiños todos co seu carné na man!

21/11/09

LECTURAS COLECTIVAS E PRENSA

Os nenos e nenas de 4º B estamos lendo a nosa primeira lectura colectiva do curso. O título é "A praia da esperanza" do escritor Agustín Fernández Paz e ilustracións de Teresa Novoa. A historia fala do afundimento dun barco chamado Prestige e as consecuencias da marea negra na costa.
Mentras líamos a prensa atopamos con sorpresa que na portada do xornal a noticia principal era o afundimento hai 7 anos do barco que aparece no libro. Nós eramos moi pequenos daquela e ler o xornal proporcionounos información interesante de como se viviron aqueles días.
Menuda coincidencia!


12/11/09

LECTURA DE PRENSA

Os ratiños e ratiñas lectoras de 6º e 5º realizarán durante todo o curso unha actividade de lectura de prensa. Unha vez á semana analizarán a estructura dos xornais e seleccionarán as novas máis importantes do día.




Aquí tendes as fotos da sesión de hoxe xoves 12 de novembro no aula de 6º.

28/02/09

Invitamos a todos os ratiños e ratiñas da escola a participar no I Concurso de cración de Lema e Cartel de animación á lectura.
O prazo de entrega final será o 17 de abril e a entrega de premios enmarcarase dentro das actividades organizadas pola biblioteca para conmemorar “Abril, mes dos libros”. Os carteis estarán elaborados con ordenador.
Así que xa sabedes, poñede o voso cerebro a funcionar e deseñade un lema e un cartel que motive á lectura.

Haberá premios por ciclos!

30/01/09

DIA DA PAZ


Hoxe que é o día da paz os fago este debuxo para todos. MASSISTE BOMPASTOR

HONORATO, O RATO NAMORADO

Honorato era un rato o que lle gustaba escrbir poemas con palabras de cores: verdes, azuis... e ata vermellas para falar do amor . Honorato estaba namorado da lúa e un día mandoulle unha nota por unha pomba mensaxeira que viaxaba dun lado a outro. Primeiro viviu nunha biblioteca e logo marchou a vivir na rúa metido nun calcetín, desesperado porque a lúa non lle facía caso. Ao final marchou, non se sabe onde.

Nerea Carballido e David Novas Sío 2º A

HONORATO, O RATO NAMORADO

Honorato non sabía se era poeta ou non era poeta. A Hononorato gustábanlle as palabras.Pintábaas de cores.
Palabras azuis para falar do ceo, do mar e,mesmo,do vento. Palabras verdes para falar dos campos, das ilusóns, das esperanzas. Palabras amarelas para falar da luz, do sol, do agarimo.Palabras negras para falar de guerras,de aladraxes, de tristura.
Alba Conde e Alba Sanromán 2º B

Día da PAZ


No día mundial da PAZ dedícovos este debuxo con todo o cariño.
José Carlos Pérez Gil

15/01/09

Honorato o rato namorado

Había un rato que lle gustaba escribir as palabras de cores,e a máis fermosa,era a vermella porque falaba de amor.Un día Honorato namorouse da Lúa, e seguindo o reflexo dela chegou á rúa .Alí encontrou unha biblioteca abandonada e alí, escribiu moitos poemas para a Lúa, a súa amada.
Yago e Coral 2ºB