11/11/10

O MAGOSTO






Co gallo do magosto, os nenos e nenas de 1ºA metémonos a contacontos.
Contámoslle os de infantil un contiño dunha castaña moi simpática, que fixemos nós mesmos. A verdade é que estabamos algo nerviosos, pero foi moi emocionante e divertido. Animámosvos a que o intentedes tamén!

6/11/10

RATIÑOS LECTORES NO SAMAÍN

Durante a celebración do Samaín os nenos e nenas do 3º ciclo leron para os demais compañeiros da escola.
Os nenos de 5º A leron o libro HALLOWEEN...¡QUE MIEDO! de GERONIMO STILTON, os de 5º B recitaron unha poesía que falaba dunha bruxa! e os nenos e nenas de 6º recitaron os seus pareados elaborados con motivo do Samain.Pasámolo de MEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEDO!