30/4/13

No Club de Lectura de 5º xa rematamos o Diario de Nikki e apeteceunos ler A praia da esperanza de Agustín Fernández Paz con ilustracións de Teresa Novoa. Xa vos iremos contando. Vémonos os martes no recreo!!


Con este libro recordamos o Desastre do Prestige, ocurrido no mesmo ano no que naceron os nenos e nenas de 5º que están neste clube lector. Vimos vídeos e fotos e limos documentos sobre o desastre ecolóxico. Seguiremos falando este martes.
Foi tan grande o éxito do Diario de Nikki no curso anterior, que neste curso no Club de lectura dos alumnos de 5º decidimos empezar por este libro. Rímonos moito nas reunións nos recreos recordando as aventuras de Nikki e intentando poñernos no seu lugar. Moitos de nós decidimos escribir diarios de novo.

  No Club Lector dos alumnos de 6º decidimos seguir lendo ata 
que remate o curso e  empezamos Peter Pan e o  ladrón de 
sombras, que é o  segundo volúme da saga de Peter Pan 
escrita por Dave Barry e Ridley Pearson. 
Estamos intrigados e totalmente entregados a esta lectura, promete, promete...




No Clube Lector de 6º de Primaria estamos a ler Relatos para un tempo novo. Tres relatos de

Xoán Babarro,  Mª Victoria Moreno e Agustín Fernández Paz e ilustracións de  Miguelanxo Prado

Relatos pra un tempo novo
Do primeiro texto, Eu falei con Medianoite de Xoán Babarro falamos sobre cómo ambientaríamos este relato se o leváramos ó cine.
No  relato de Mª Victoria Moreno, Eva lle escribe a Adonay, neno xitano, compañeiro de escola e seu primeiro amor, una conmovedora carta. Co relato de Agustín Fernández Paz falamos dos diarios, da súa importancia e dalgúns complexos que podemos ter.