14/11/08

RATIÑOS LECTORES POLOS CORREDORES

Como este ano non temos moito espazo para a biblioteca (estamos acollidos no cole de Carballal mentres constrúen o noso) os ratiños e ratiñas lectoras da escola teñen que buscarse a vida para non deixar de facer unha das súas actividades favoritas...devorar libros.
Aquí tendes a uns cantos ratiños e ratiñas de 1º aproveitando o descanso nas escaleiras para ler.
Un bo exemplo para todos os nenos e nenas da escola.

No hay comentarios: